terça-feira, 11 de maio de 2010

Master class de música tradicional da AGADIC - Santiago de Compostela

A AGADIC organiza un novo ciclo de tres master class e música tradicional, que serán impartidas polos mestres Eliseo Parra, David Mayoral e Carlos Beceiro en distintas datas de maio e xuño na Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) de Santiago de Compostela. Na segunda edición desta iniciativa pedagóxica, abordaranse contidos como distintos aspectos da percusión en relación co baile popular e afondarase en instrumentos como a guitarra, o bouzouki e a mandolina:

CURSOS
"A necesidade de cantar"
Mestre: Eliseo Parra
Datas e horario: 26 de maio de 17.00 a 21.00 h e 27 de maio de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h

"Percusións do Mediterráneo"
Mestre: David Mayoral
Datas e horario: 26 de maio, de 17.00 a 21.00 h, e 27 de maio, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h

"Curso de guitarra, bouzouki e mandolina"
Mestre: Carlos Beceiro
Datas e horario: 4 de xuño, de 17.00 a 21.00 h, e 5 de xuño, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h

Cada master class ofrece un total de 12 horas lectivas para un máximo de 15 alumnos, que deberán achegar os seus propios instrumentos.
O prezo da matrícula é de 50 euros.
A inscrición debe formalizarse a través da páxina web http://www.masterclassdemusicatradicional.info/, onde tamén se ofrece máis información sobre os contidos das clases.

Saúdos da AGADIC
Axencia Galega das Industrais Culturais
Rúa da Vesada, s/n. San Lázaro
15703 Santiago de Compostela
Tel.: 981 577 126 / 28
agadic@xunta.es
http://www.agadic.info