O grupo galego "O Tear de Llerena" estará no dia 31 de Janeiro (sábado) no Centro Galego de Lisboa para a realização dum workshop de pandeireta galega, destinado a todos os que queiram conhecer o instrumento e os distintos ritmos na música galega, como também para aqueles que já sabem tocar e que querem aperfeiçoar a sua técnica.
À noite, a partir das 21h30, haverá concerto, sendo uma oportunidade a não perder para conhecer um pouco mais sobre a música tradicional galega, pela mão deste grupo que já tem uma vasta experiência na sua recolha e divulgação.
Para mais informações e inscrições até 29 de Janeiro, por favor contactar a Secretaria do Centro.
Xuventude da Galiza - Centro Galego de Lisboa
Rua Júlio de Andrade nº3, 1150-206 Lisboa
www.juventudedagaliza.com
centrogalegodelisboa@hotmail.com
Tlf: 21 885 36 80Fax: 21 885 03 93
Pandeireteiros
O Tear de Llerena.
A Asociación Cultural para a Recolleita e Difusión da Música Tradicional Galega O Tear de Llerena nace na cidade de Pontevedra no ano 2000 co obxectivo primeiro de dar a coñecer a bagaxe cultural da sociedade tradicional galega á Galiza de hoxe.
O grupo de Pandereteiros O Tear de Llerena xurde no berce da nomeada Asociación como formación estable dende o ano 2001. A traverso dela van dando a coñecer parte do importante Arquivo de Tradición Oral que se vai confeccionando dentro da Asociación dende a súa creación.
No ano 2005, os Pandereteiros d’O Tear de Llerena editarán a súa primeira gravación de estudo, titulada “...a Jennifer...” (Edicións Falcatruada 2005). Inclúe seis temas nos que a verdadeira protagonista é a voz –masculina neste caso-, acompañada de pandeiretas, latón, tixola, gaita e mesmo zanfona. Contén fundamentalmente cantares para o baile, agarrados ou soltos, extraídos todos eles do propio Arquivo do grupo, e procedentes de diversas zonas da Galiza coma Beariz (Ourense), O Morrazo, Mondariz ou Terra de Montes (Pontevedra).
Dende a súa formación, o grupo ten levado estas músicas por moi diversos lugares, tanto no seu entorno máis inmediato (Feira Franca de Pontevedra...) coma en diversos lugares da xeografía galega (Festa das Letras n’A Coruña, Noite Meiga en Ribadavia...) e mesmo fóra dela (L burro i l gueiteiro en Miranda de l Douro -Portugal-; Festival Toxos e Xestas en Barcelona...).
Os pandereteiros do Tear de Llerena son:
Marcelo González: Voz, pandeireta, tixola, bombo.
Xandre Outeiro: Voz, pandeireta, zanfona.
Xito Outeiro: Voz, pandeireta, latón, tamboril.
Guillerme Ignacio: voz, pandeireta, gaita de fol.
Contactos:
Xandre: (+34) 635 543 822.
Guillerme: (+34) 657 209 731.
teardellerena@hotmail.com
www.teardellerena.com